O Paxarote di:


Cerca do río, unha pega parolaba nun olmo coa ollada no ceo. Regueifaron os merlos. Unha pasada por arriba do peregrino macho e a pega escondeuse nunhas matas. De pronto, un fogonazo no día. O falcón brillou entre nubes coma raio de sol pasaxeiro. Despois, deixou atrás un fundido en gris e desapareceu.

(El Peregrino. J.A. Baker. Traducción de Xosé Manuel Varela)

Todas as fotografías publicadas neste blog foron obtidas en estado salvaxe. Sen cebos, reclamos ou gravacións. Priorizando o benestar das aves e tratando de non interferir no seu comportamento.

martes, 20 de septiembre de 2016

-LAVANCO-

-LAVANCO-


Raseando na tona da auga.

Novamente no estuario do Anllóns non hai perda posible.
A pouco que olles o teu arredor a diversidade de aves que podes observar a partir de Setembro é moi elevada.
Este día puden ver ostreiros, biluricos claros, garzas cincentas e comúns, e unha chea de limícolas que ainda me costa identificar con certa seguridade.
E como non, o Lavanco real (Ánade Azulón) que decidío que era un bo momento para pasar raseando na tona da auga por cerca de min.
E claro, fíxenlle unha foto.

lunes, 19 de septiembre de 2016

-BILURICO CLARO-

-BILURICO CLARO-

Almorzando na beira do Estuario.


O estuario do Anllóns raramente decepciona a que vai disfrutar da súa riqueza ornitolóxica. 
Para un novato coma min é unha montaña rusa. As veces pensas o maravilloso que é tanta diversidade e pasmas ollando para todos os lados, de repente caes na conta de que non sabes o que estás vendo. Inmediatamente tiras de guía e veña a identificar. Se podes.
Bueno, pouco a pouco vas aprendendo e cada nova visita "paladeas" con un gusto máis refinado a maravilla que tes diante.
Neste caso este Bilurico claro (Archibebe claro), andaba pola beira alimentándose tan tranquilo.
Baixei e fun acercándome en zig-zag ata que empezou a inquedarse. Tocaba tirarse a area e disimular a figura humán para que se confiara. Os poucos voltou sobre os seus pasos e puden tirarlle unhas fotos.
Cando me pareceu que tiña o que buscaba fun recuando sen molestar o bilurico e deixeino tranquilamente. Eso si, saín de alí cheo de area ata as orellas.
Eu creo que pagou a apena.

domingo, 18 de septiembre de 2016

-PILRO COMÚN-

-PILRO COMÚN-


As primeiras luces do día.


O Pilro común (Correlimos común) é una paxaro de envergadura pequena, capaz de voar enormes distancias dende o Norte de Groenlandia ou de Rusia ata África. 
O seu tamaño oscila entre os 17-21 cm e a súa envergadura entre os 32-36cm.
É abundante nas nosas praias e humedais, excepto nos meses de Xuño e Xullo. 
Se vedes un sentádevos e agardade a que se acerque, deixádeo tranquilo que o pobre estará moi cansado. 
E non é para menos.