CORVO MARIÑO GRANDE
-Corvo mariño grande- Corvo mariño grande / Cormorán grande Onte pola mañán acerqueime co meu colega Fernando a Cecebre a ver si localizábamos uns galos das brañas (avefrías), e non houbo xeito de velas. O día estaba nublado e con fortes chuvascos que caían sin vir o caso. E dos galiños nin rastro. Vimos mergullóns pequenos e algunha garzota grande. Todo moi lonxe. Así que despois de dúas horas cambiamos e fumos a miña postiña no pantano. Nunca me falla. Aínda que sexan corvos mariños alí sempre vexo algo. Desta vez foron corvos. O pantano está cheo deles, así que é un bo momento para practicar a fotografía de aves en voo. Como esta. PD: É unha vergonza que monten observatorios de aves e despois os deixen abandonados . Enfrente do pequeno no embalse, medrou tanto a mimosa que so se pode aproveitar un 25% do campo visual. E non se che ocurra cortalo sin permiso que che cae unha multa de carallo. Así andamos, mandados polo can do hortelano. Tamén...