O Paxarote di:


Cerca do río, unha pega parolaba nun olmo coa ollada no ceo. Regueifaron os merlos. Unha pasada por arriba do peregrino macho e a pega escondeuse nunhas matas. De pronto, un fogonazo no día. O falcón brillou entre nubes coma raio de sol pasaxeiro. Despois, deixou atrás un fundido en gris e desapareceu.

(El Peregrino. J.A. Baker. Traducción de Xosé Manuel Varela)

Todas as fotografías publicadas neste blog foron obtidas en estado salvaxe. Sen cebos, reclamos ou gravacións. Priorizando o benestar das aves e tratando de non interferir no seu comportamento.

domingo, 30 de octubre de 2016

ESCRIBENTA COMÚN

-Escribenta común-

Escribenta común / Escribano soteño

Hoxe pola mañán acerqueime a enseada da Insua, pola parte de fora, a probar o vadeador e un invento cun plato dos que se usan para comer o  polbo. Púxennlle enriba a rótula gimbal e a verdade é que estabiliza moi ben. A idea non é miña.
Definitivamente o vadeador é impermeable.
O caso é que atopei unha manda de ostreiros e unhas gaivotas. Na banda de ostreiros había dúas de estas mesturadas e como son moito máis desconfiadas levantáronme os ostreiros antes de que poidera rematar un bo achegamento.
Así que tiven que voltar sin poder facerlles a foto que me apetecía e polo camiño, coma sempre, ollando entre as polas atopei esta escribenta.
Foi a foto do día.





A proba irrefutable do que me pasou.

lunes, 24 de octubre de 2016

CARRIZO

CARRIZO 


Carrizo / Chochín
No monte de San Hadrián ventea un pouco nos toxos. O paxarote non para quieto entre os toxos.
Este pequerrecho é un verdadeiro pillabán para o afeizoado a fotografía. Tan pillabán como fermoso.
Fíxome tolear un bo anaco hasta que conseguín facerlle unha foto decente apousado na toxeira. 
Tamén me fixo pasar un bo rato admirando as súas reviravoltas e o bonito que é.

PAPORROIBO

PAPORROIBO

Paporroibo / Petirrojo

No alto do Cabo San Hadrián atopei un agocho natural moi bo para observar os paxaros.
Desde el oía como cantaba o paporroibo pero non era capaz de velo.
Totalmente quedo entre os toxos, facíaseme complicado de ver. Nunha destas, mentras percorría o perímetro do meu escondite din con el por unha especie de tunel que facía na toxeira.
O autofocus volvíase tolo intentando atopar o paxaro entre tanto pincho, así que tocóume pasar a manual en afinar como se facía antes, fai moito tempo.
¡¡¡Click, Click!!!  E aló vai.
Sólo me dou tempo a facerlle dúas fotos.

domingo, 9 de octubre de 2016

MIÑATO

MIÑATO

Miñato/Busardo ratonero

O conto das rapaces é moito conto.
Xa te ven vir moito antes de que as vexas ti a elas. Son moi desconfiadas e é moi difícil fotografialas si non as cebas (os hides de pago), ou as pillas de casualidade pero reaccionas en segundos. Como digo, moito conto para min.
Esta vina desde o coche despois de desmontar a silla-hide que puxen para as garzas. Por certo que levei un capote campal. Aparquei agochado do seu campo de visión e acerqueime amodiño. Foi asomar a cabeza entre os matorrais e disparar unha foto, e  aló vai. Maxestuoso, elegante, fermoso.
A min quédame o gusto de telo visto e o regusto de unha foto fugaz.
O que puden.

domingo, 2 de octubre de 2016

RABIRRUBIO / COLIROJO TIZÓN (FEMIA)

RABIRRUBIO / COLIROJO TIZÓN (FEMIA)


Rabirrubio / Colirrojo Tizón

Hoxe pola mañán fun As Rañas a ver que había  por alí.
De entrada un correlimos co que enrredei un anaco e ainda lle fixen unhas fotos.
Cando pensei que xa tiña rematado decidín ir hacia a parte sur da plaia, donde están as rochas. Teño visto alí mazaricos, píllaras, biluricos, virapedras, etc. E outras que non sei identificar.
Peeeeroo. . . . . .alí estaban os cans campando pola praia como se fora só deles (dos donos quero decir), así que non tiña a máis mínima oportunidade de ver limícolas ou gaivotas, a non ser as que andaban voando pola auga. Un pouco lonxe para min, que non identifico de cerca para canto máis no quinto pino.
Así que voltei dando un paseo polos carrizos e  mato que hai pola beira a ver si tiña sorte e pillaba algún passeriforme.
E bueno, alí estaba este rabirrubio / colirrojo tizón, (bueno, en realidade é unha rabirrubia) que se me pousou en frente catro ou cinco segundos.
Menos mal que me collío preparado.
Velaí está.