-BILURICO CLARO-
-BILURICO CLARO- Almorzando na beira do Estuario. O estuario do Anllóns raramente decepciona a que vai disfrutar da súa riqueza ornitolóxica. Para un novato coma min é unha montaña rusa. As veces pensas o maravilloso que é tanta diversidade e pasmas ollando para todos os lados, de repente caes na conta de que non sabes o que estás vendo. Inmediatamente tiras de guía e veña a identificar. Se podes. Bueno, pouco a pouco vas aprendendo e cada nova visita "paladeas" con un gusto máis refinado a maravilla que tes diante. Neste caso este Bilurico claro (Archibebe claro), andaba pola beira alimentándose tan tranquilo. Baixei e fun acercándome en zig-zag ata que empezou a inquedarse. Tocaba tirarse a area e disimular a figura humán para que se confiara. Os poucos voltou sobre os seus pasos e puden tirarlle unhas fotos. Cando me pareceu que tiña o que buscaba fun recuando sen molestar o bilurico e deixeino tranquilamente. Eso si, saín de alí cheo de area ata ...