O Paxarote di:


Cerca do río, unha pega parolaba nun olmo coa ollada no ceo. Regueifaron os merlos. Unha pasada por arriba do peregrino macho e a pega escondeuse nunhas matas. De pronto, un fogonazo no día. O falcón brillou entre nubes coma raio de sol pasaxeiro. Despois, deixou atrás un fundido en gris e desapareceu.

(El Peregrino. J.A. Baker. Traducción de Xosé Manuel Varela)

Todas as fotografías publicadas neste blog foron obtidas en estado salvaxe. Sen cebos, reclamos ou gravacións. Priorizando o benestar das aves e tratando de non interferir no seu comportamento.

domingo, 11 de diciembre de 2016

-PICA DOS PRADOS-

-PICA DOS PRADOS-

Pica dos prados / Bisbita Pratense / Anthus pratensis

Dando unha volta polo Campo da Rata -de tan mala lembranza- un pódese atopar cunha boa cantidade de paxaros. Eu hoxe contei seis estorniños pintos, dúas picas dos prados, tres chascas, unha garceta común, unhas quince pegas e tres corvos mariños raseando na tona da auga.
Decidin que ía a pola pica e con un pouco de paciencia, esta bonita deixóume acercar bastante.


martes, 6 de diciembre de 2016

ESCRIBENTA DAS NEVES


Escribenta das neves / Escribano nival / Plectrophenax nivalis


O dique de abrigo da Coruña mide 1.366 metros e a escribenta arredor de 17cm.
O seu descubridor foi Santi Vázquez.
Así que as oito da mañán percorrín o dique enteiro na súa procura E foi chegar e bicar santo. Alí estaba o pequerrecho como agardando por min.
Vou comprar moita lotería de Nadal este ano.

CHARRÁN DE FORSTER

Charrán de Forster (Sterna Forsteri)


Charrán de Forster (Sterna Forsteri)

Charrán de Forster (Sterna Forsteri)


A segunda foi a vencida. 
O famoso Charrán de Forster avistado por Tucho López  na praia de Santa Cruz. 
Aló vai un lote de xente aficionada a ver este precioso charrán. Anda entre a praia de Santa Cruz e a de Sta. Cristina. O caso é que hoxe so puden velo por uns escasos minutos e non foi doado facerlle unha foto. Parece unha anduriña coas reviravoltas que da no aire, e tírase como unha bala a auga para pescar.
É un ave que conta con oito avistamentos na península, tres deles en Galicia, así que ben merece dúas fotiños.

domingo, 27 de noviembre de 2016

MERGULLÓN COMÚN

-Mergullón común-

Mergullón común / Zampullín común







Onte veu comigo a miña filla Ana a Ria do Burgo e vimos biluricos das rochas, virapedras, choronas, patiamarelas, gaivotóns, garzotas e uns simpáticos mergullóns que son unha delicia de contemplar.
Fixenlle unha foto.

viernes, 25 de noviembre de 2016

LAVANDEIRA BRANCA

Lavandeira / Lavandera
A última vez avistara unha garza cincenta (Ardea cinerea) na praia de Seiruga, e decidín probar sorte a ver si aínda estaba por alí.
Si estaba eu non a vin.
Así que fun dar unha volta pola beira da marisma coa esperanza de ver algunha limícola ou passeriforme enredando na comida. Pero non era o meu día.
A area mollada non foi o que máis me molestou. O que de verdade me fodío, foi que me tumbei nun cagadoiro de gaivotas para facerlle a foto a esta lavandeira.
¿Non parece que se está a rir de min?

domingo, 6 de noviembre de 2016

CORVO MARIÑO GRANDE

-Corvo mariño grande-

Corvo mariño grande / Cormorán grande


Onte pola mañán acerqueime co meu colega Fernando a Cecebre a ver si localizábamos uns galos das brañas (avefrías), e non houbo xeito de velas. 
O día estaba nublado e con fortes chuvascos que caían sin vir o caso. E dos galiños nin rastro. Vimos mergullóns pequenos e algunha garzota grande. Todo moi lonxe.
Así que despois de dúas horas cambiamos e fumos a miña postiña no pantano. Nunca me falla. Aínda que sexan corvos mariños alí sempre vexo algo. Desta vez foron corvos. O pantano está cheo deles, así que é un bo momento para practicar a fotografía de aves en voo. Como esta.


PD: É unha vergonza que monten observatorios de aves e despois os deixen abandonados . Enfrente do pequeno no embalse, medrou tanto a mimosa que so se pode aproveitar un 25% do campo visual. E non se che ocurra cortalo sin permiso que che cae unha multa de carallo. Así andamos, mandados polo can do hortelano.
Tamén os vándalos fan das súas, así que non sei xa que é peor, os que mandan ou os que os poñemos a mandar.

domingo, 30 de octubre de 2016

ESCRIBENTA COMÚN

-Escribenta común-

Escribenta común / Escribano soteño

Hoxe pola mañán acerqueime a enseada da Insua, pola parte de fora, a probar o vadeador e un invento cun plato dos que se usan para comer o  polbo. Púxennlle enriba a rótula gimbal e a verdade é que estabiliza moi ben. A idea non é miña.
Definitivamente o vadeador é impermeable.
O caso é que atopei unha manda de ostreiros e unhas gaivotas. Na banda de ostreiros había dúas de estas mesturadas e como son moito máis desconfiadas levantáronme os ostreiros antes de que poidera rematar un bo achegamento.
Así que tiven que voltar sin poder facerlles a foto que me apetecía e polo camiño, coma sempre, ollando entre as polas atopei esta escribenta.
Foi a foto do día.





A proba irrefutable do que me pasou.

lunes, 24 de octubre de 2016

CARRIZO

CARRIZO 


Carrizo / Chochín
No monte de San Hadrián ventea un pouco nos toxos. O paxarote non para quieto entre os toxos.
Este pequerrecho é un verdadeiro pillabán para o afeizoado a fotografía. Tan pillabán como fermoso.
Fíxome tolear un bo anaco hasta que conseguín facerlle unha foto decente apousado na toxeira. 
Tamén me fixo pasar un bo rato admirando as súas reviravoltas e o bonito que é.

PAPORROIBO

PAPORROIBO

Paporroibo / Petirrojo

No alto do Cabo San Hadrián atopei un agocho natural moi bo para observar os paxaros.
Desde el oía como cantaba o paporroibo pero non era capaz de velo.
Totalmente quedo entre os toxos, facíaseme complicado de ver. Nunha destas, mentras percorría o perímetro do meu escondite din con el por unha especie de tunel que facía na toxeira.
O autofocus volvíase tolo intentando atopar o paxaro entre tanto pincho, así que tocóume pasar a manual en afinar como se facía antes, fai moito tempo.
¡¡¡Click, Click!!!  E aló vai.
Sólo me dou tempo a facerlle dúas fotos.

domingo, 9 de octubre de 2016

MIÑATO

MIÑATO

Miñato/Busardo ratonero

O conto das rapaces é moito conto.
Xa te ven vir moito antes de que as vexas ti a elas. Son moi desconfiadas e é moi difícil fotografialas si non as cebas (os hides de pago), ou as pillas de casualidade pero reaccionas en segundos. Como digo, moito conto para min.
Esta vina desde o coche despois de desmontar a silla-hide que puxen para as garzas. Por certo que levei un capote campal. Aparquei agochado do seu campo de visión e acerqueime amodiño. Foi asomar a cabeza entre os matorrais e disparar unha foto, e  aló vai. Maxestuoso, elegante, fermoso.
A min quédame o gusto de telo visto e o regusto de unha foto fugaz.
O que puden.

domingo, 2 de octubre de 2016

RABIRRUBIO / COLIROJO TIZÓN (FEMIA)

RABIRRUBIO / COLIROJO TIZÓN (FEMIA)


Rabirrubio / Colirrojo Tizón

Hoxe pola mañán fun As Rañas a ver que había  por alí.
De entrada un correlimos co que enrredei un anaco e ainda lle fixen unhas fotos.
Cando pensei que xa tiña rematado decidín ir hacia a parte sur da plaia, donde están as rochas. Teño visto alí mazaricos, píllaras, biluricos, virapedras, etc. E outras que non sei identificar.
Peeeeroo. . . . . .alí estaban os cans campando pola praia como se fora só deles (dos donos quero decir), así que non tiña a máis mínima oportunidade de ver limícolas ou gaivotas, a non ser as que andaban voando pola auga. Un pouco lonxe para min, que non identifico de cerca para canto máis no quinto pino.
Así que voltei dando un paseo polos carrizos e  mato que hai pola beira a ver si tiña sorte e pillaba algún passeriforme.
E bueno, alí estaba este rabirrubio / colirrojo tizón, (bueno, en realidade é unha rabirrubia) que se me pousou en frente catro ou cinco segundos.
Menos mal que me collío preparado.
Velaí está.

martes, 20 de septiembre de 2016

-LAVANCO-

-LAVANCO-


Raseando na tona da auga.

Novamente no estuario do Anllóns non hai perda posible.
A pouco que olles o teu arredor a diversidade de aves que podes observar a partir de Setembro é moi elevada.
Este día puden ver ostreiros, biluricos claros, garzas cincentas e comúns, e unha chea de limícolas que ainda me costa identificar con certa seguridade.
E como non, o Lavanco real (Ánade Azulón) que decidío que era un bo momento para pasar raseando na tona da auga por cerca de min.
E claro, fíxenlle unha foto.

lunes, 19 de septiembre de 2016

-BILURICO CLARO-

-BILURICO CLARO-

Almorzando na beira do Estuario.


O estuario do Anllóns raramente decepciona a que vai disfrutar da súa riqueza ornitolóxica. 
Para un novato coma min é unha montaña rusa. As veces pensas o maravilloso que é tanta diversidade e pasmas ollando para todos os lados, de repente caes na conta de que non sabes o que estás vendo. Inmediatamente tiras de guía e veña a identificar. Se podes.
Bueno, pouco a pouco vas aprendendo e cada nova visita "paladeas" con un gusto máis refinado a maravilla que tes diante.
Neste caso este Bilurico claro (Archibebe claro), andaba pola beira alimentándose tan tranquilo.
Baixei e fun acercándome en zig-zag ata que empezou a inquedarse. Tocaba tirarse a area e disimular a figura humán para que se confiara. Os poucos voltou sobre os seus pasos e puden tirarlle unhas fotos.
Cando me pareceu que tiña o que buscaba fun recuando sen molestar o bilurico e deixeino tranquilamente. Eso si, saín de alí cheo de area ata as orellas.
Eu creo que pagou a apena.

domingo, 18 de septiembre de 2016

-PILRO COMÚN-

-PILRO COMÚN-


As primeiras luces do día.


O Pilro común (Correlimos común) é una paxaro de envergadura pequena, capaz de voar enormes distancias dende o Norte de Groenlandia ou de Rusia ata África. 
O seu tamaño oscila entre os 17-21 cm e a súa envergadura entre os 32-36cm.
É abundante nas nosas praias e humedais, excepto nos meses de Xuño e Xullo. 
Se vedes un sentádevos e agardade a que se acerque, deixádeo tranquilo que o pobre estará moi cansado. 
E non é para menos.