Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Limícolas

-BILURICO CLARO-

Imagen
-BILURICO CLARO- Almorzando na beira do Estuario. O estuario do Anllóns raramente decepciona a que vai disfrutar da súa riqueza ornitolóxica.  Para un novato coma min é unha montaña rusa. As veces pensas o maravilloso que é tanta diversidade e pasmas ollando para todos os lados, de repente caes na conta de que non sabes o que estás vendo. Inmediatamente tiras de guía e veña a identificar. Se podes. Bueno, pouco a pouco vas aprendendo e cada nova visita "paladeas" con un gusto máis refinado a maravilla que tes diante. Neste caso este Bilurico claro (Archibebe claro), andaba pola beira alimentándose tan tranquilo. Baixei e fun acercándome en zig-zag ata que empezou a inquedarse. Tocaba tirarse a area e disimular a figura humán para que se confiara. Os poucos voltou sobre os seus pasos e puden tirarlle unhas fotos. Cando me pareceu que tiña o que buscaba fun recuando sen molestar o bilurico e deixeino tranquilamente. Eso si, saín de alí cheo de area ata ...

-PILRO COMÚN-

Imagen
-PILRO COMÚN- As primeiras luces do día. O Pilro común (Correlimos común) é una paxaro de envergadura pequena, capaz de voar enormes distancias dende o Norte de Groenlandia ou de Rusia ata África.  O seu tamaño oscila entre os 17-21 cm e a súa envergadura entre os 32-36cm. É abundante nas nosas praias e humedais, excepto nos meses de Xuño e Xullo.  Se vedes un sentádevos e agardade a que se acerque, deixádeo tranquilo que o pobre estará moi cansado.  E non é para menos.