Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Escribano

ESCRIBENTA COMÚN

Imagen
-Escribenta común- Escribenta común / Escribano soteño Hoxe pola mañán acerqueime a enseada da Insua, pola parte de fora, a probar o vadeador e un invento cun plato dos que se usan para comer o  polbo. Púxennlle enriba a rótula gimbal e a verdade é que estabiliza moi ben. A idea non é miña. Definitivamente o vadeador é impermeable. O caso é que atopei unha manda de ostreiros e unhas gaivotas. Na banda de ostreiros había dúas de estas mesturadas e como son moito máis desconfiadas levantáronme os ostreiros antes de que poidera rematar un bo achegamento. Así que tiven que voltar sin poder facerlles a foto que me apetecía e polo camiño, coma sempre, ollando entre as polas atopei esta escribenta. Foi a foto do día. A proba irrefutable do que me pasou.