Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Carduelis cannabina

LIÑACEIRO E CHASCA

Imagen
Liñaceiro / Pardillo /  Carduelis cannabina Chasca femia / Tarabilla hembra / Saxicola rubícola Os paseos polos campos da Torre de Hércules nunca son aburridos. Segundo a época do ano que vas podes ver: tordos, melros, picas, estorniños, paporrubios, garzas, gaivotas, picafollas, xílgaros, rabirrubios, verderóns, pegas... e sobre todo liñaceiros e chascas. Moitas chascas. Vas camiñando na súa compaña e raro é que non se pousen nunha pola.  A min me da que son uns presumidos. Pois nada, a cumprirlle o gusto.