PÍLDORA DOURADA
Píldora Dourada / Chorlito Dorado / Pluvialis apricaria Mañanciña na Torre de Hércules. As chascas son as primeiras que se deixan ver. Atrás delas, parece que o ensaian, os paporrubios. Eu sabía que por alí andaba o picafollas de Hume pero non exactamente donde, así que fun dar a volta a Punta Herminia. De camiño atopeime con Manuel Sánchez que me dixo onde andaban as píldoras douradas e alá fumos. Velaí o bonitas que son. PD: Tamén me dixo onde atopar o picafollas, pero as fotos que lle fixen non son moi boas. O pillabán ten o abelurio no cú.