O Paxarote di:


Cerca do río, unha pega parolaba nun olmo coa ollada no ceo. Regueifaron os merlos. Unha pasada por arriba do peregrino macho e a pega escondeuse nunhas matas. De pronto, un fogonazo no día. O falcón brillou entre nubes coma raio de sol pasaxeiro. Despois, deixou atrás un fundido en gris e desapareceu.

(El Peregrino. J.A. Baker. Traducción de Xosé Manuel Varela)

Todas as fotografías publicadas neste blog foron obtidas en estado salvaxe. Sen cebos, reclamos ou gravacións. Priorizando o benestar das aves e tratando de non interferir no seu comportamento.

sábado, 20 de octubre de 2018

Gaivotas airadas

Gaivota patiamarela / Gaviota patiamarilla / Larus michahellis




Gaivota chorona / Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus
O paso de limícolas está a ser bastante pobre, pero non por iso deixo de ir a observar e facerlle fotos as aves. É curioso que en castelán sexa reidora e en galego chorona.

lunes, 20 de agosto de 2018

Visita ó Parque Rexional das Salinas de San Pedro



Carranciño común / Chharancito común / Sternula albifrons

Píllara das dunas / Chorlitejo patinegro / Charadrius alexandrinus

Pernalonga / Cigüeñela / haemantophus haemantophus

Velaí tres exemplos do que puden observar no Parque: 
Pernalonga, píllara das dunas, avoceta, pilro ferruxento, correlimos escuro, carranciño, flamenco...
En cinco minutos e nada mais chegar. Que gozada ¡¡¡¡



miércoles, 4 de julio de 2018

A foto do día foi...
RÁ COMÚN

Rá común / Rana común / Pelophylax perezi

Rá común / Rana común / Pelophylax perezi


No entorno urbano, no lugar transitado e donde menos pensas, podes atopar animais que siguen o curso da súa vida na natureza.
Estas rás estaban nun pequeno estanque o que acuden os "malos donos e donas" de cans a que se bañen. 
O seu truco consiste en permanecer inmóviles confiando na camuflaxe que lles proporciona a súa cor aposemática.
Cabrea moito que che metan catro cans donde estás a observar e fotografiar pero neste caso debo recoñecer que as mantiveron quietas no seu sitio. 
Eso si, mortas de medo.


jueves, 17 de mayo de 2018

O REI DO CEO

Vou a dar unha voltiña
Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus

Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus



Jummmmm... a ver que hai por ahí
Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus

Madrugar, camiñar, buscar e por fin atopar. 
Os altos cantís da costa son o seu lar e o ceo enteiro seu reino. 
Confésome un súbdito rendido ós seus pes.

domingo, 28 de enero de 2018

Pìlro tridáctilo

A foto do día foi...
Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba

Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba

Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba



Inverno en Baldaio. En 7 kilómetros de area non é doado atopar limícolas. Son case da mesma cor. Se non é polos prismáticos pasan desapercibidas. Pero velaí estaban estes pilros a almorzar.
Que ben se pasa cando se pasa ben.

domingo, 17 de diciembre de 2017

O ESCONDITE

A foto do día foi...


Na vizosa ribeira de Cecebre os paxariños agóchanse o paso das persoas. Normal, téñenos medo.
Estes verderolos campan pola veira picando na terra, e cando te ven...arriba pas polas.
Fan ben.

¿QUÉ, VAI CHOVER OU NON?

A foto do día foi...

Chasca / Tarabilla / Saxícola rubicola

A seca que nos acompaña está a facer moito dano os nosos ríos e humedais, e como consecuencia directa ás nosas aves.
Cecebre está en niveis moi baixos.
Este Corvo grande de metal, que nos da a benvida no observatorio de Crendes, mantense vixiante. Parece que a chasca quere axudar.
E que chova ¡¡¡

martes, 24 de octubre de 2017

OUTUBRO EN VERDES

A foto do día foi...

Melro rieiro / Mirlo acuático / Cinclus cinclus
Ocres, vermellos, azuis, verdes e brancos envoltos na cálida luz do Outono galego.