Pica dos prados / Bisbita Pratense / Anthus pratensis
Dando unha volta polo Campo da Rata -de tan mala lembranza- un pódese atopar cunha boa cantidade de paxaros. Eu hoxe contei seis estorniños pintos, dúas picas dos prados, tres chascas, unha garceta común, unhas quince pegas e tres corvos mariños raseando na tona da auga.
Decidin que ía a pola pica e con un pouco de paciencia, esta bonita deixóume acercar bastante.
Gaivota patiamarela / Gaviota patiamarilla / Larus michahellis Gaivota chorona / Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus O paso de limícolas está a ser bastante pobre, pero non por iso deixo de ir a observar e facerlle fotos as aves. É curioso que en castelán sexa reidora e en galego chorona.
A foto do día foi... Pedreiro cincento / Collalba gris / Oenanthe Oenanthe Andaba este pedreiro enredando polas pedras nos campos da Torre. Este pequeno túrdido, migrante subsahariano, é un paxariño moi elegante e vistoso. Paga a pena parar a observalo, se che deixa...
Carranciño común / Chharancito común / Sternula albifrons Píllara das dunas / Chorlitejo patinegro / Charadrius alexandrinus Pernalonga / Cigüeñela / haemantophus haemantophus Velaí tres exemplos do que puden observar no Parque: Pernalonga, píllara das dunas, avoceta, pilro ferruxento, correlimos escuro, carranciño, flamenco... En cinco minutos e nada mais chegar. Que gozada ¡¡¡¡
Comentarios
Publicar un comentario
¿Tes algo que contarme?