-PICA DOS PRADOS-
-PICA DOS PRADOS- Pica dos prados / Bisbita Pratense / Anthus pratensis Dando unha volta polo Campo da Rata -de tan mala lembranza- un pódese atopar cunha boa cantidade de paxaros. Eu hoxe contei seis estorniños pintos, dúas picas dos prados, tres chascas, unha garceta común, unhas quince pegas e tres corvos mariños raseando na tona da auga. Decidin que ía a pola pica e con un pouco de paciencia, esta bonita deixóume acercar bastante.