Entradas

GABITAS

Imagen
A foto do día foi... Gabita / Ostrero euroasiático / Haematopus ostralegus Son unhas artistas escunchando ameixas, navallas ou calquera molusco ou crustáceo que se lle poña a tiro. Sei que o peor que lles está a pasar é que a xente incomoda por donde aniñan, e fai que abandonen os ovos. Daquela éstos pasan a ser o menú de outros depredadores. Eu digo que mellor non molestar e así deixamos que a natureza siga o seu camiño.

PILRO COMÚN

Imagen
A foto do día foi... Pilro Común / Correlimos común / Calidris alpina Cansadas e famentas comenzan a arribar ós nosos humedais as limícolas procedentes do norte. Algunhas quedaran con nos e outras van a seguir cara o sur.  Compre ser bo anfitrión para que volten tódolos anos. 

PÍLLARA REAL

Imagen
A foto do día foi... Píllara real / Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula Recién chegada dos seus cuarteis de verán, alá no norte de Europa, esta Píllara Real debe atopar a nosa auga moi quente. Non hai mais que vela.

PARDAL

Imagen
A foto do día foi... Pardal / Gorrión / Passer domesticus Saes da casa e... fiiiuuuuu ¡¡¡¡ aló van diante dos teus fuciños unha banda de pardales. Qué maravilla cando saes a observar paxaros e xa che dan os bos días na porta.

ESTORNIÑO NEGRO

Imagen
O paxaro do día foi... Estorniño / Estornino /  Sturnus Unicolor -Os estorniños son negros. -¿Seguro? No inverno teñen o pico escuro e no verán amarelo. E si lles da o sol... -¿Qué pasa si lles da o sol? -Póñense ben bonitos.

CARRIZA DOS XUNCOS

Imagen
Carriza dos Xuncos / Buitrón / Cistícola juncidis O ceo plomizo e cheo de nubes deixaba escapar raiolas de sol coa cicatería de Fagin, o avarento xefe dos ladróns en Oliver Twist. Semellaba un puño pechado sobre o astro. Vinme obrigado, como o protagonista da novela de Dickens, a virar en rateiro e roubar a pouca luz que de vez en cando fuxía entre os dedos pretos do ceo acunchado.  O axexo, como un ave rapaz. Nun despiste que tiveron as nubes vin a dar cun pequeno e valioso botín. Unha Carriza dos Xuncos. Penso que din o golpe con bastante finura.

PIMPÍN MACHO E FEMIA

Imagen
Pimpín macho / Pinzón macho / Fringilla coelebs Pimpín femia/ Pinzón hembra/ Fringilla coelebs Tomando uns viños na solaina dun hotel  en agradable compaña, tiveron a ben estes pimpíns vir a buscar a comida ó prado que tiñamos diante. Non puden aguantar e fun pola cámara arrastrarme na herba. Menos mal que aínda íamos pola primeira ronda. O macho e a femia recollian vermes para levar ó niño que teñen feito nos setos que bordean o lugar. Non sei se é un comportamento xeral dos xéneros en estes e outros paxaros, pero o certo foi que o macho non tiña contemplacións de ningún tipo e mostrábase moito máis agresivo a hora de cazar que a femia. E velaí para que quede constancia.

LIÑACEIRO E CHASCA

Imagen
Liñaceiro / Pardillo /  Carduelis cannabina Chasca femia / Tarabilla hembra / Saxicola rubícola Os paseos polos campos da Torre de Hércules nunca son aburridos. Segundo a época do ano que vas podes ver: tordos, melros, picas, estorniños, paporrubios, garzas, gaivotas, picafollas, xílgaros, rabirrubios, verderóns, pegas... e sobre todo liñaceiros e chascas. Moitas chascas. Vas camiñando na súa compaña e raro é que non se pousen nunha pola.  A min me da que son uns presumidos. Pois nada, a cumprirlle o gusto.

MELRO RIEIRO

Imagen
Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus O melro rireiro é un paxaro con meigallo. O pequeno trasno do rio, sempre nos rápidos a procura de alimento. Costóume unhas cuantas visitas e madrugóns facerlle unha sesión decente. Sempre aparecía a primeira hora, coa luz mais pobre. Un trasno. Chega, mira arredor e chup¡¡¡ ó rio a pescar. Unha delicia. E así durante toda a mañán. E eu como quen está oíndo unha melodía fermosa. Hasta me tocou o violín.

CARDEAL

Imagen
Cardeal / Camachuelo / Pyrrhula pyrrhula De volta a beira do río atopei este Cardeal apañando dente de león para o niño. Do melro rieiro mellor non digo nada.