A foto do día foi... Melro rieiro / Mirlo acuático / Cinclus cinclus Ocres, vermellos, azuis, verdes e brancos envoltos na cálida luz do Outono galego.
A foto do día foi... Pedreiro cincento / Collalba gris / Oenanthe Oenanthe Andaba este pedreiro enredando polas pedras nos campos da Torre. Este pequeno túrdido, migrante subsahariano, é un paxariño moi elegante e vistoso. Paga a pena parar a observalo, se che deixa...
A foto do día foi... Garzota / Garza común / Egretta Garzetta As garzotas son moi abundantes nos humidais do Mediterráneo. Media levan co que lles gusta comer nos arrozales. Parece que as de aquí tiran máis polo marisco de mar, non hai mais que ver a elegancia que poñen na mesa.
A foto do día foi... Gabita / Ostrero euroasiático / Haematopus ostralegus Son unhas artistas escunchando ameixas, navallas ou calquera molusco ou crustáceo que se lle poña a tiro. Sei que o peor que lles está a pasar é que a xente incomoda por donde aniñan, e fai que abandonen os ovos. Daquela éstos pasan a ser o menú de outros depredadores. Eu digo que mellor non molestar e así deixamos que a natureza siga o seu camiño.