Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

ESTORNIÑO NEGRO

Imagen
O paxaro do día foi... Estorniño / Estornino /  Sturnus Unicolor -Os estorniños son negros. -¿Seguro? No inverno teñen o pico escuro e no verán amarelo. E si lles da o sol... -¿Qué pasa si lles da o sol? -Póñense ben bonitos.

CARRIZA DOS XUNCOS

Imagen
Carriza dos Xuncos / Buitrón / Cistícola juncidis O ceo plomizo e cheo de nubes deixaba escapar raiolas de sol coa cicatería de Fagin, o avarento xefe dos ladróns en Oliver Twist. Semellaba un puño pechado sobre o astro. Vinme obrigado, como o protagonista da novela de Dickens, a virar en rateiro e roubar a pouca luz que de vez en cando fuxía entre os dedos pretos do ceo acunchado.  O axexo, como un ave rapaz. Nun despiste que tiveron as nubes vin a dar cun pequeno e valioso botín. Unha Carriza dos Xuncos. Penso que din o golpe con bastante finura.

PIMPÍN MACHO E FEMIA

Imagen
Pimpín macho / Pinzón macho / Fringilla coelebs Pimpín femia/ Pinzón hembra/ Fringilla coelebs Tomando uns viños na solaina dun hotel  en agradable compaña, tiveron a ben estes pimpíns vir a buscar a comida ó prado que tiñamos diante. Non puden aguantar e fun pola cámara arrastrarme na herba. Menos mal que aínda íamos pola primeira ronda. O macho e a femia recollian vermes para levar ó niño que teñen feito nos setos que bordean o lugar. Non sei se é un comportamento xeral dos xéneros en estes e outros paxaros, pero o certo foi que o macho non tiña contemplacións de ningún tipo e mostrábase moito máis agresivo a hora de cazar que a femia. E velaí para que quede constancia.