Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

LIÑACEIRO E CHASCA

Imagen
Liñaceiro / Pardillo /  Carduelis cannabina Chasca femia / Tarabilla hembra / Saxicola rubícola Os paseos polos campos da Torre de Hércules nunca son aburridos. Segundo a época do ano que vas podes ver: tordos, melros, picas, estorniños, paporrubios, garzas, gaivotas, picafollas, xílgaros, rabirrubios, verderóns, pegas... e sobre todo liñaceiros e chascas. Moitas chascas. Vas camiñando na súa compaña e raro é que non se pousen nunha pola.  A min me da que son uns presumidos. Pois nada, a cumprirlle o gusto.

MELRO RIEIRO

Imagen
Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus Melro rieiro, Mirlo acuático, Cinclus cinclus O melro rireiro é un paxaro con meigallo. O pequeno trasno do rio, sempre nos rápidos a procura de alimento. Costóume unhas cuantas visitas e madrugóns facerlle unha sesión decente. Sempre aparecía a primeira hora, coa luz mais pobre. Un trasno. Chega, mira arredor e chup¡¡¡ ó rio a pescar. Unha delicia. E así durante toda a mañán. E eu como quen está oíndo unha melodía fermosa. Hasta me tocou o violín.

CARDEAL

Imagen
Cardeal / Camachuelo / Pyrrhula pyrrhula De volta a beira do río atopei este Cardeal apañando dente de león para o niño. Do melro rieiro mellor non digo nada.

TORDO COMÚN

Imagen
Tordo común / Zorzal común / Turdus philomelos Eu ando atrás dun Melro rieiro. O merlo sempre por diante de min. E un polo outro non damos coincidido. Así que no vizoso bosque da ribeira os outros paxaros parecen máis dados a deixarse ver. Este tordo apousou moi cerca de min e botou unha cagada. Se non é por iso non o vexo. A súa camuflaxe é perfecta, parece a rama dunha árbore pola cor da súa plumaxe e o paradiño que está. Do melro nin rastro. Polo de agora...