PICAFOLLAS
Picafollas / Mosquitero común / Phylloscopus trochilus Na beira do pequeno regato as recién chegadas anduriñas rasean na tona da auga alimentándose dos insectos que abondan na superficie. Todo un espectáculo, pero facerlle a foto pouco menos que imposible. Na beira, os picafollas, os xilgaros e as chascas voan de pola en pola. Uns alimentándose e outros a beber. Tamén un carrizo pillabán bule diante de min. Máis espectáculo. Despois de un bo anaco gozando co ir e vir dos pequenos tentei facerlle a foto ó picafollas. Difícil porque non aturan quietos. Pero a éste collino.