Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

GABEADOR COMÚN

Imagen
Gabeador común / Agateador europeo / Certhia brachydactyla Bordeando a Lagoa de Cospeito na procura do observatorio, parecéume ver polo rabecho do ollo unha boliña de plumas, toda nervosa, gabeando polas árbores que bordean o camiño. Ía e viña de pola en pola e facíaseme difícil de ver ben. Debía de ser moi presumido porque se parou preto de min o tempo suficiente para facerlle unha fotos. E namáis tampouco, logo marchou.

CEGOÑA BRANCA

Imagen
Cegoña branca / Cigüeña blanca / Ciconia ciconia Por San Blas, a cegoña verás. Por San Blas, a cegoña verás. Por San Blas, a cegoña verás. Por San Blas, a cegoña verás. Por San Blas... Así que fun a velas.

MAZARICOS EN RIAZOR

Imagen
Mazarico Trinador / Zarapito trinador / Numenius phaeopus Mazarico Trinador / Zarapito trinador / Numenius phaeopus O Sábado pola mañán, a pesares do mal que viña o día, atrevinme a ir ata Riazor a ver si fotografiaba ós biluricos escuros. Nin rastro. Nun par de horas contei cinco virapedras, dous corvos mariños e catro mazaricos trinadores. Éstes últimos xusto cando sairon unhas raiolas de sol. ¡¡¡Click!!!