Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

CHOIA

Imagen
Choia / Chova piquirroja / Pyrrhocorax pyrrhocorax De andaina polo entorno da Torre de Hércules é moi difícil non pasar unha mañán ben agradable observando aves. Esta foi das primeiras en vir a darme os bos días.

PÍLDORA DOURADA

Imagen
Píldora Dourada / Chorlito Dorado / Pluvialis apricaria Mañanciña na Torre de Hércules. As chascas son as primeiras que se deixan ver. Atrás delas, parece que o ensaian, os paporrubios. Eu sabía que por alí andaba o picafollas de Hume pero non exactamente donde, así que fun dar a volta a Punta Herminia. De camiño atopeime con Manuel Sánchez que me dixo onde andaban as píldoras douradas e alá fumos. Velaí o bonitas que son. PD: Tamén me dixo onde atopar o picafollas, pero as fotos que lle fixen non son moi boas. O  pillabán ten o abelurio no cú.

MAZARICO RUBIO

Imagen
Mazarico Rubio / Aguja colipinta / Limosa lapponica Hoxe fun a Lagoa de Baldaio  Ir a Baldaio é sempre unha gozada para os que disfrutamos contemplado paxaros. Así que a mañán foi moi entretida con picas, chascas, gaivotas, biluricos, pilros, mazaricos, corvos, e un turista despistado que quería ir a Coruña. A ese non lle fixen foto pero púxenlle nome: Empanadus Empanadus.  Asi que na zona intermareal disfrutei un bo anaco coas limícolas, e este mazarico rubio tivo a ben pasear por diante dos meus fuciños.