-LAVANCO-
-LAVANCO- Raseando na tona da auga. Novamente no estuario do Anllóns non hai perda posible. A pouco que olles o teu arredor a diversidade de aves que podes observar a partir de Setembro é moi elevada. Este día puden ver ostreiros, biluricos claros, garzas cincentas e comúns, e unha chea de limícolas que ainda me costa identificar con certa seguridade. E como non, o Lavanco real (Ánade Azulón) que decidío que era un bo momento para pasar raseando na tona da auga por cerca de min. E claro, fíxenlle unha foto.