Entradas

Gaivotas airadas

Imagen
Gaivota patiamarela / Gaviota patiamarilla / Larus michahellis Gaivota chorona / Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus O paso de limícolas está a ser bastante pobre, pero non por iso deixo de ir a observar e facerlle fotos as aves. É curioso que en castelán sexa reidora e en galego chorona.

Visita ó Parque Rexional das Salinas de San Pedro

Imagen
Carranciño común / Chharancito común / Sternula albifrons Píllara das dunas / Chorlitejo patinegro / Charadrius alexandrinus Pernalonga / Cigüeñela / haemantophus haemantophus Velaí tres exemplos do que puden observar no Parque:  Pernalonga, píllara das dunas, avoceta, pilro ferruxento, correlimos escuro, carranciño, flamenco... En cinco minutos e nada mais chegar. Que gozada ¡¡¡¡
Imagen
A foto do día foi... RÁ COMÚN Rá común / Rana común / Pelophylax perezi Rá común / Rana común / Pelophylax perezi No entorno urbano, no lugar transitado e donde menos pensas, podes atopar animais que siguen o curso da súa vida na natureza. Estas rás estaban nun pequeno estanque o que acuden os "malos donos e donas" de cans a que se bañen.  O seu truco consiste en permanecer inmóviles confiando na camuflaxe que lles proporciona a súa cor aposemática. Cabrea moito que che metan catro cans donde estás a observar e fotografiar pero neste caso debo recoñecer que as mantiveron quietas no seu sitio.  Eso si, mortas de medo.

O REI DO CEO

Imagen
Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus Falcón peregrino, Halcón Peregrino, Falco peregrinus Madrugar, camiñar, buscar e por fin atopar.  Os altos cantís da costa son o seu lar e o ceo enteiro seu reino.  Confésome un súbdito rendido ós seus pes.

Pìlro tridáctilo

Imagen
A foto do día foi... Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba Pilro tridáctilo / Correlimos tridáctilo / Calidirs alba Inverno en Baldaio. En 7 kilómetros de area non é doado atopar limícolas. Son case da mesma cor. Se non é polos prismáticos pasan desapercibidas. Pero velaí estaban estes pilros a almorzar. Que ben se pasa cando se pasa ben.

O ESCONDITE

Imagen
A foto do día foi... Na vizosa ribeira de Cecebre os paxariños agóchanse o paso das persoas. Normal, téñenos medo. Estes verderolos campan pola veira picando na terra, e cando te ven...arriba pas polas. Fan ben.

¿QUÉ, VAI CHOVER OU NON?

Imagen
A foto do día foi... Chasca / Tarabilla / Saxícola rubicola A seca que nos acompaña está a facer moito dano os nosos ríos e humedais, e como consecuencia directa ás nosas aves. Cecebre está en niveis moi baixos. Este Corvo grande de metal, que nos da a benvida no observatorio de Crendes, mantense vixiante. Parece que a chasca quere axudar. E que chova ¡¡¡

OUTUBRO EN VERDES

Imagen
A foto do día foi... Melro rieiro / Mirlo acuático / Cinclus cinclus Ocres, vermellos, azuis, verdes e brancos envoltos na cálida luz do Outono galego.

PEDREIRO CINCENTO

Imagen
A foto do día foi... Pedreiro cincento / Collalba gris / Oenanthe Oenanthe Andaba este  pedreiro enredando polas pedras nos campos da Torre. Este pequeno túrdido, migrante subsahariano, é un paxariño moi elegante e vistoso. Paga a pena parar a observalo, se che deixa...

GARZOTA

Imagen
A foto do día foi... Garzota / Garza común / Egretta Garzetta As garzotas son moi abundantes nos humidais do Mediterráneo. Media levan co que lles gusta comer nos arrozales. Parece que as de aquí tiran máis polo marisco de mar, non hai mais que ver a elegancia que poñen na mesa.